jueves, 14 de marzo de 2024

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC

Este curso 23 - 24 os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo

Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC.

Accede a estes Encontros na seguinte LIGAZÓN.




viernes, 23 de febrero de 2024

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL CURSO 2023 - 2024

 A Orientación Académica e Profesional (OAP) é fundamental en todas as etapas educativas e na vida en xeral. A súa importancia débese á necesidade de contar con información de calidade e actualizada para poder levar a cabo unha toma de decisións axeitada á persoa e ás súas circunstancias.

 

Poñemos a disposición da comunidade educativa, en especial, do alumnado do IES Val do Asma, diversos cadernos con información académica e profesional por cursos académicos.

 

PREME NO CURSO NO QUE ESTÁS HOXE PARA DECIDIR SOBRE O QUE VÉN.


FORMACIÓN PROFESIONAL
 

BACHARELATO
  
  

  
         4º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA


3º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA  


  2º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA  

  1º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

Unha vez revisada, ante calquera dúbida, agradecemos se poñan en contacto co Departamento de Orientación, xa que sempre pode haber algún erro ou é necesario asesorar individualizadamente.
 • Correo electrónico: orientación.iesvaldoasma@gmail.com
 • Teléfono: 982. 870239 

 Algunhas recomendacións para a auto-orientación: 

1. Seguir este apartado con alguén que poida acompañarte na túa decisión, para intercambiar suxestións, opinións ou aspectos a ter en conta. 
2. Se algunha ligazón non funciona, proba a empregar outros navegadores. 
3. Traballar con estas presentacións por partes, non tentar asimilar toda a información dunha soa vez. 
 4.- É recomendable ampliar información no seguinte enlace:

jueves, 22 de febrero de 2024

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Presentación para o alumnado de 6º de Educación Primaria dos CEIP da contorna do IES Val do Asma en Chantada.

VEN A MATRICULARTE AO NOSO IES:
LIGAZÓN (Preme para ver a maior tamaño)

martes, 3 de agosto de 2021

BOLSAS MEFP E ALUMNADO CON NEAE

 Ábrese o prazo para a solicitude de bolsas para o estudo do Ministerio de Educación e Formación Profesional (todos os niveis).

Bacharelato e FP: o prazo abrangue desde o 03 de agosto 2021 ata o 30 de setembro 2021.

Universidade:  o prazo abrangue desde o 03 de agosto 2021 ata o 14 de outubro 2021.

Para consultar a información e acceder á solicitude online PREMA AQUÍ e/ou na seguinte LIGAZÓN.

Pode consultar a seguinte GUÍA para solicitude e tramitación das bolsas 21/22. 

 

 
 

Tamén se poden solicitar as bolsas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: CLIC. O prazo abrangue desde o 03 de agosto 2021 ata o 30 de setembro 2021.