jueves, 25 de junio de 2020

APERTURA PRAZO ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL

O día 25 de xuño de 2020 ábrase o prazo para solicitar a admisión nos ciclos formativos de Formación Profesional.



miércoles, 17 de junio de 2020

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

Presentación para o alumnado de 6º de Educación Primaria dos CEIP do contorno do IES Val do Asma en Chantada.

VEN A MATRICULARTE AO NOSO IES:
(Ligazón para visualizar en maior tamaño: FAI CLICK)


 
  • PRESENTACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
PRESENTACIÓN FAMILIAS de Ana Álvarez

lunes, 15 de junio de 2020

BOLETÍNS UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS DE MONFORTE DE LEMOS

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos, a través do seu Servizo de Prevención, publica un boletín mensual, dirixido a familias e educadores/as.

BÓTALLE UN OLLO! A prevención é fundamental para o desenvolvemento positivo dos nosos fillos e fillas.

NON ARRISQUES, INFÓRMATE.
 
AGOSTO 2021
 
 

XULLO 2021


XUÑO 2021


MAIO 2021



 
 ABRIL 2021
 
 
 
  
MARZO 2021



FEBREIRO 2021
  
 


XANEIRO 2021
 
 


XUÑO 2020

OUTUBRO 2020

NOVEMBRO 2020

 

DECEMBRO 2020

jueves, 11 de junio de 2020

AXUDAS ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA A FCT (Formación en Centros de Traballo)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica a Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2019-marzo 2020 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2020.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2020, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020.



martes, 9 de junio de 2020

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica a Orde do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:

  • Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 10 de xullo de 2020 (este incluído).
  • Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publi-cación desta convocatoria e o 3 de agosto de 2020 (este incluído).
Consulta toda a información na seguinte ligazón: CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES.