jueves, 26 de marzo de 2020

NOVA: CONSENSO XENERALIZADO ENTRE MINISTERIO E CCAA

A nova que plublica a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, con data mércores 25 de marzo de 2020, ás 14:30, establece o seguinte:

  • Avaliar o 2º trimestre co contido impartido ata a interrupción das clases presenciais.
  • Modificar contido e competencias previstas para o terceiro trimestre. Levarán a cabo unha reunión en abril para abordar este tema.
  • Suspender as avaliacións diagnósticas, xa sen efecto, en 3º - 6º EP e 4º ESO.
  • ABAU: aprazamento (posibles datas entre 22 de xuño e 10 de xullo en convocatoria ordinaria; convocatoria extraordinaria antes do 10 de setembro) e maior opcionalidade.
  • Formación Profesional: fusionarase o módulo de FCT e de Proxecto. En FPB e Ciclos de grao medio establecerase un traballo final.
  • Probas de acceso á FP: pospoñeranse se fose necesario.
  • Oposicións educación: pendente dunha reunión específica pola singularidade de cada Comunidade Autónoma.
ENLACE WEB CONSELLERIA

ENLACE WEB MINISTERIO


lunes, 23 de marzo de 2020

INFORMACIÓN DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O Departamento de Orientación do IES Val do Asma, pon a disposición da comunidade educativa o seguinte correo electrónico:

orientacion.iesvaldoasma@gmail.com

A través deste correo atenderemos as demandas de familias, alumnado, profesorado, etc. Pretendemos facilitar a comunicación durante o periodo educativo, e sobre todo, ante esta situación extraordinaria que estamos a vivir debido ao COVID-19.

Moito ánimo!
Todo vai a saír ben.








(Agradecería que especificáredes o nome e curso en caso do alumnado do IES).

Un saúdo
Ana Álvarez
Orientadora Educativa IES Val do Asma