martes, 23 de febrero de 2021

ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS!

    A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia (11 febreiro), pon a nosa disposición o seguinte audiovisual. Preme na imaxe para coñecer dun xeito sinxelo e próximo a traxectoria científica e vital das investigadoras que, ademais dos seus logros profesionais, tamén relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión científica. 




miércoles, 10 de febrero de 2021

AUTOCOIDADO. Espazo de Autocoidado do COPG

    O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) ofrece un espazo aberto a toda a comunidade, de Autocoidado, coa finalidade de contribuír a preservar a nosa saúde mental e física, ante a situación sanitaria que estamos a vivir.

CÓIDATE e ofrece COIDADOS!

LIGAZÓN Á PÁXINA DO COPG


 


martes, 9 de febrero de 2021

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2021

ORDE do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

  • Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio: ter 17 anos ou facelos no ano natural de celebración das probas.
  A solicitude pode realizarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

        👉 (Precísase sinatura electrónica como certificado dixital, chave 365...)

  E tamén a través da seguinte APLICACIÓN INFORMÁTICA.


  • Probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior: ter 19 anos ou facelos no ano natural de celebración das probas.

        É necesario carecer dunha titulación que xa da acceso a ditos estudos.





jueves, 4 de febrero de 2021

ENTREVISTA AO PRESIDENTE DO CONSELLO ESCOLAR DE ESTADO

Compartimos unha entrevista publicada no diario El País, a Enrique Roca, presidente do Consello Escolar de Estado, que apunta as claves para unha educación de calidade.

FAI CLICK NA IMAXE PARA LER A ENTREVISTA COMPLETA