lunes, 25 de mayo de 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR (actualizada a 01.06.2020).
  
     
     
  •  Probas de acceso a grao medio:

- Listaxe provisoria de admitidos á proba de acceso a ciclos de grao medio.

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8670


(Contra estas resolucións provisorias, as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día seguinte á publicación desta resolución e ata o día 28 de maio, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática. As persoas que se acolleron a posibilidade de presentar reclamación a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal non é preciso que fagan ningún trámite novo, xa que a súa reclamación xa foi tramitada.")

  • INFORMACIÓN NOVA



Lugar de realización: IES A Pinguela (Monforte de Lemos).


  • Probas de acceso a grao superior:
 - Lugares e sedes de celebración das probas: para o IES Val do Asma será o CIFP As Mercedes en Lugo.

- Documentacion e material:
O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición. Poderanse utilizar os seguintes materiais:
  • Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
  • Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade paraalmacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar nas probas de Matemáticas, Física, Tecnoloxía industrial, Química e Economía da empresa.
  • Lapis, compás, regra, escuadro e cartabón, en Debuxo técnico. 
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información,como, por exemplo, teléfonos móbiles. 
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.


+ INFORMACIÓN: 

viernes, 22 de mayo de 2020

VÍDEO XORNADA DE ORIENTACIÓN VIRTUAL DA UVIGO

A Universidade de Vigo celebrou o pasado 13 de marzo unha Xornada de Orientación Virtual e agora pon a disposición o vídeo, de maneira que podes visionar en calqueira momento os contidos tratados. Entre eles destacar:

  • Ponencia do presidente da CIUG, Luis Muñoz, que explica as principais novidades da ABAU 2020. (Minuto 2 aprox.)
  • Magdalena Domínguez Álvarez, explica cómo se fai a preinscripción e a matrícula na Universidade. (Minuto 20 aprox.)
  • Susana Rodríguez Barcia explica as novidades sobre titulacións que haberá na UVigo para o próximo curso 2020-2021. (a partir das 2 horas) 
         ACCEDE NA SEGUINTE LIGAZÓN: VÍDEO UVIGO




Ademais os xoves teñen vídeochat có SIE (Sección de Información ao Estudante) de 11´00 a 13´00 para preguntar dúbidas. Realizaranse a través da plataforma Campus Remoto  e para acceder só tes que premer nesta ligazón e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.

miércoles, 20 de mayo de 2020

FP - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A publicación recolle información sobre o Sistema de Formación Profesional de Galicia, polo que resulta interesante para o alumnado que se atopa cursando a Formación Profesional Básica ou un Ciclo Formativo de Grao Medio e Superior. Pero tamén é importante para aquel alumnado que teña pensado matricularse na FP despois da ESO e/ou o Bacharelato.

  • Resumo Formación Profesional en Galicia. 



  • Oferta Educativa no IES Val do Asma.

        (Pendente de actualización a través da oferta da Consellería de Cultura, Educación e                 Universidade) 
         - LIGAZÓN OFERTA FP

ABAU - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) levarase a cabo, este curso 2020 - 2021 en dúas convocatorias:
  • Ordinaria: Xuño
  • Extraordinaria:Xullo
Consulta a continuación toda a información:
  • Resumo ABAU 2021:
       
        

IMPORTANTE: A información oficial está publicada na web da CIUG, polo que é recomendable revisar a súa páxina web para evitar erros. 
  •  Presentación da CIUG sobre a ABAU e procedemento de admisión nas universidades do SUG:
 
 
  • Resumo Protocolo ABAU 21:

BACHARELATO - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Ola a tod@s! Presento a continuación o resumo para a Orientación Académica e Profesional de 1º e 2º de Bacharelato. 

  • Resumo Bacharelato.  
    •  

4º ESO - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Ola a tod@s! Estades a pique de rematar unha etapa académica e para o vindeiro curso comezaredes, a gran maioría, a cursar ensinanzas non obrigatorias que vos permitirán ir definindo o camiño cara a vosa vida adulta. 

  • Resumo OAP 4º ESO:
    •  

martes, 19 de mayo de 2020

3º ESO - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Resumo información académica e profesional para o alumnado de 3º ESO. O vindeiro curso xa estaredes no 2º ciclo da ESO, que coincide co último curso da etapa. A toma de decisións comeza a ser máis difícil polo aumento de alternativas. Recordade que tendes que mirar cara o Bacharelato e a Formación Profesional para escoller o Itinerario adecuado as vosas características e intereses.

lunes, 18 de mayo de 2020

GUÍA DE ESTUDIOS SUPERIORES 2020

A Voz de Galicia publicou o domingo 17 de maio 2020 unha completa Guía de Estudos Superiores, onde atopamos información sobre estudos de Formación Profesional e Universidade.

ACCEDE AQUÍ







Tamén podes consultar o buscador ¿Qué quero estudar?

 

TÉCNICAS DE RELAXACIÓN

A relaxación é un estado de benestar que nos permite mellorar a nosa saúde física e psicolóxica.

Consulta o seguinte enlace para coñecer recursos e técnicas de relaxación.



2º ESO - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL


  • Resumo orientación académica e profesional para o alumnado de 2º ESO.
          Recordade a importancia do Consello Orientador !

miércoles, 13 de mayo de 2020

EDUCANDO EN CIBERSEGURIDADE

Hoxe queremos compartir a CAMPAÑA de IS4Kids (Internet Segura for Kids), xa que a súa información resulta de gran interese para as familias (adultos, mozos/as, nenos/as) na xestión e uso das novas tecnoloxías. 
FAI UN BO USO!


 

miércoles, 6 de mayo de 2020

OFERTA DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO 20/21

Amplíase a oferta do Sistema Universitario Galego para o vindeiro curso 20/21 ao incorporar 3 novos graos e os 3 primeiros graos abertos.

GRAOS ABERTOS

O curso 2020/2021 será o primeiro no que o SUG oferte graos abertos, en concreto o de Ciencias Sociais e Xurídicas (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 10 prazas), o de Enxeñaría Industrial (Universidade da Coruña, Campus de Ferrol, 8 prazas) e o grao aberto 5USC Enxeñarías (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 10 prazas).

Permiten cursar materias de diferentes graos nos primeiros anos para especializarse nos últimos anos.

NOVAS TITULACIÓNS
  • Graos en Empresa e Tecnoloxía (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas).
  • Bioquímica (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo, 45 prazas)
  • Nanociencia e Nanotecnoloxía (Universidade da Coruña, Campus da Coruña, 50 prazas). 

Así mesmo, súmanse á oferta do SUG catro novos programas de simultaneidade de grao, todos eles na Universidades de Vigo. Serán o de ADE e Enxeñaría Informática (Campus de Ourense), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo), Enxeñaría Biomédica e Enxeñaría Mecánica (Campus de Vigo) e Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática (Campus de Vigo).

Asemade, os estudantes poderán cursar 6 novas titulacións de máster, en concreto en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial (UDC, Campus da Coruña), en Dirección e Innovación da Supply Chain (UVigo, Campus de Vigo), en Industria 4.0 (UVigo, Campus de Vigo), en Informática Industrial e Robótica (UDC, Campus da Coruña), en Nanociencia e Nanotecnoloxía (USC-UVigo, nos campus de Santiago de Compostela e de Vigo) e en Visión por Computador (USC-UDC-UVigo, nos campus de Santiago, A Coruña e Vigo).

lunes, 4 de mayo de 2020

ACOSO ESCOLAR

O día 02 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Reiteramos, como cada curso escolar un rotundo NON AO ACOSO ESCOLAR.

Todas as persoas temos dereito a unha educación digna e en igualdade.
Se estabas a sufrir acoso académico, ou neste días de confinamento ciberacoso, non dubides en poñerte en contacto con nós: orientacion.iesvaldoasma@gmail.com



ARTIGO "El Bullying durante la pandemia": PREME AQUÍ 


viernes, 1 de mayo de 2020

RECOPILACIÓN DE RECURSOS PARA ORIENTARSE VOCACIONALMENTE

Un dos aspectos máis importantes durante o terceiro trimestre é a Orientación Académica e Profesional (OAP) do alumnado. Sobre todo nos cursos nos que rematan unha etapa e deben tomar múltiples decisións que van a influír de maneira directa no seu futuro vital. Dada a situación provocada pola COVID-19 que nos impide estar presentes nos centros educativos, tanto a profesorado como alumnado e familias, comparto o seguinte artigo do blog de MÓNICA DIZ ORIENTA, onde podedes atopar diferentes ferramentas para autoorientarse e faciliar a toma de decisións:





Desde o Departamento de Orientación do IES Val do Asma, coa intención de facilitarvos o proceso, destacamos os seguintes:

  • ESO/BACHARELATO/FP:

2.- FPBide: elección estudos FP.http://fpbide.com/es/
4.-  Selección de vídeos de autocoñecemento vocacional. https://monicadizorienta.blogspot.com/2020/02/seleccion-de-videos-para-desarrollar-el.html
8.- A túa Estrela Polar - test graos universitarios. http://testorientacion.uchceu.es/
9.- App Wikigrado - información graos universitarios. https://wikigrado.com/
17.-  Test Gran Recorrido (GR) Educaweb - elección estudos e profesións. https://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/


27.- QUEDU. Qué estudar e onde? https://www.educacion.gob.es/notasdecorte/compBdDo
35.-Diccionario de profesións. https://www.educaweb.com/profesiones/
52.- Notas de corte España. https://elpais.com/especiales/universidades/
59.- Vídeo - tutorias para o acceso á Universidade en Galicia. https://monicadizorienta.blogspot.com/2017/04/video-tutoriales-sobre-el-acceso-la.html
60.- Qué quero estudar - Galicia. https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

  • EMPREGO/ FP 
72.- Cómo ser competente. Competencias profesionais. https://empleo.usal.es/docs/comprof.pdf



RECORDADE QUE PODEDES FACER AS VOSAS CONSULTAS NO SEGUINTE CORREO: orientacion.iesvaldoasma@gmail.com