viernes, 22 de mayo de 2020

VÍDEO XORNADA DE ORIENTACIÓN VIRTUAL DA UVIGO

A Universidade de Vigo celebrou o pasado 13 de marzo unha Xornada de Orientación Virtual e agora pon a disposición o vídeo, de maneira que podes visionar en calqueira momento os contidos tratados. Entre eles destacar:

  • Ponencia do presidente da CIUG, Luis Muñoz, que explica as principais novidades da ABAU 2020. (Minuto 2 aprox.)
  • Magdalena Domínguez Álvarez, explica cómo se fai a preinscripción e a matrícula na Universidade. (Minuto 20 aprox.)
  • Susana Rodríguez Barcia explica as novidades sobre titulacións que haberá na UVigo para o próximo curso 2020-2021. (a partir das 2 horas) 
         ACCEDE NA SEGUINTE LIGAZÓN: VÍDEO UVIGO




Ademais os xoves teñen vídeochat có SIE (Sección de Información ao Estudante) de 11´00 a 13´00 para preguntar dúbidas. Realizaranse a través da plataforma Campus Remoto  e para acceder só tes que premer nesta ligazón e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.