martes, 22 de septiembre de 2020

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

    O DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, ten por obxecto regular a atención á diversidade do alumnado, coa finalidade de facilitar o desenvolvemento persoal e social de cada alumna e alumno e o seu potencial de aprendizaxe, facilitándolles a adquisición das competencias e a consecución dos obxectivos xerais previstos nas diferentes ensinanzas.

En consecuencia, ningunha circunstancia persoal ou social pode ser motivo de discriminación á hora de organizar a atención educativa do alumnado, polo que os centros educativos deberán ofrecer unha resposta que compense as diferenzas individuais de todas as alumnas e alumnos, no marco dos principios de normalización e inclusión e desde a consideración da diversidade como un elemento enriquecedor para o conxunto da sociedade.


 Nas seguintes ligazóns atoparás RECURSOS para favorecer a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE na aula e no centro educativo:

  • EDUCONVIVES. gal: Estratexia Galega de Convivencia Escolar. LIGAZÓN
  • Portal EduXunta - Diversidade e Orientación. LIGAZÓN
  • Protocolos de Atención Educativa ao Alumnado. LIGAZÓN 
  • Protocolo de cooperación institucional fronte a VIOLENCIA DE XÉNERO. LIGAZÓN
  • Portal IGUALDADE. LIGAZÓN 

jueves, 17 de septiembre de 2020

BENESTAR EMOCIONAL

 O BENESTAR EMOCIONAL é un piar básico para toda a comunidade educativa.

A finalidade da educación é o desenvolvemento integral da persoa, e a dimensión emocional xoga un papel determinante. A educación é un proceso de interacción: comunidade, profesorado, familias e, por suposto, alumnado. Estas relacións levan consigo os seus estados emocionais e xeran novas emocións no proceso. As emocións están presentes no proceso educativo e, a súa vez debemos encargarnos desas emocións. 

Debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19 é necesario dispoñer de ferramentas que sirvan de axuda na xestión emocional de todos os colectivos implicados nos centros educativos. 

Así, nesta entrada recolleremos aqueles RECURSOS máis interesantes para o benestar emocional a nivel individual e colectivo.

😀 GUÍA EMOCREATIVA PARA A VOLTA AO COLE

 

 😃 GUÍA ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL - MEC.

 

😍 PROGRAMA PSICOEDUCATIVO PARA POST - EMERXENCIAS. COPG

 

😃 PROGRAMA EDUBENESTAR

RECURSOS BENESTAR EMOCIONAL (I)

 💗 CONFERENCIA BENESTAR EMOCIONAL - YON BERÁSTEGI

(Formación para o coidado e o benestar emocional - Consellería de Educación/ Xunta de Galicia)

 

 

 

😌 CONFERENCIA OS PROBLEMAS COMO OPORTUNIDADES - JUAN VAELLO

 (Formación para o coidado e o benestar emocional - Consellería de Educación/ Xunta de Galicia)

viernes, 4 de septiembre de 2020

VOLTA SEGURA ÁS AULAS - MEDIDAS COVID - 19

 Páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para visibilizar as medidas preventivas fronte a COVID -19 nos centros educativos.

WEB VOLTAMOS Á ESCOLA CON SENTIDIÑO

CARTEIS

 


 Tamén se pode consultar o Protocolo Covid - 19, un resumo e o modelo de declaración responsable indicado para as familias. CLIK AQUÍ