Mostrando entradas con la etiqueta Bolsas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bolsas. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de agosto de 2021

BOLSAS MEFP E ALUMNADO CON NEAE

 Ábrese o prazo para a solicitude de bolsas para o estudo do Ministerio de Educación e Formación Profesional (todos os niveis).

Bacharelato e FP: o prazo abrangue desde o 03 de agosto 2021 ata o 30 de setembro 2021.

Universidade:  o prazo abrangue desde o 03 de agosto 2021 ata o 14 de outubro 2021.

Para consultar a información e acceder á solicitude online PREMA AQUÍ e/ou na seguinte LIGAZÓN.

Pode consultar a seguinte GUÍA para solicitude e tramitación das bolsas 21/22. 

 

 
 

Tamén se poden solicitar as bolsas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: CLIC. O prazo abrangue desde o 03 de agosto 2021 ata o 30 de setembro 2021.

miércoles, 16 de junio de 2021

CONVOCATORIA PRAZAS EN CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES


Os centros residenciais docentes (CRD) ofrecen manutención e aloxamento a estudantes de bacharelato e de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional que cursan os seus estudos fóra da súa localidade.

O prazo de presentación de solicitudes é:

- Bacharelato: do 17 de xuño ao 09 de xullo 2021.
- Formación Profesional: 17 de xuño ao 02 de agosto 2021.

Débese solicitar praza independentemente de que se obteña o Título en setembro.


Ademáis podes solicitar ser persoa colaboradora bolseira. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estea aberta aos residentes. O prazo de presentación desta solicitude é ata o 06 de agosto de 2021.



martes, 6 de abril de 2021

PREMIOS DE EXCELENCIA Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN NOS GRAOS DA UDC

A Universidade de A Coruña concede un premio por valor de 565 €, ao alumnado que teña mellor nota de admisión en cada un dos seus graos universitarios.

+ Información no seguinte documento:

 

Se vas a matricularte no vindeiro curso, consulta as bases na seguinte ligazón: CLICK.

jueves, 11 de junio de 2020

AXUDAS ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA A FCT (Formación en Centros de Traballo)

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica a Orde do 2 de xuño de 2020 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2019-marzo 2020 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2020.

2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2020, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2020.