martes, 28 de abril de 2020

RECURSOS - EXPERIENCIAS EDUCATIVAS

Educación 3.0 publica hoxe, xoves 28 de abril de 2020, unha experiencia educativa innovadora, da profesora Jessica Rodríguez Piñeiro, mestra de primaria no CEP plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño (Pontevedra),que está a levar a cabo durante este periodo de clases non presenciais.

Moi interesante e que pode axudarnos a deseñar proxectos similares. IREMOS AMPLIANDO A LISTA DE RECURSOS EDUCATIVOS.

"1 días + é un día menos: motivar aos estudantes en zonas rurais"


+ RECURSOS:

MODELOS DE EXAME ABAU 2020


https://ciug.gal/gal/abau/modelos


lunes, 27 de abril de 2020

MATERIAIS DIDÁCTICOS

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten publicados materiais didácticos para as Ensinanzas de Adultos (ESA e Bacharelato semipresencial), que poden ser de utilidade para levar a cabo unha ensinanza a distancia, tanto para o profesorado como para o alumnado.

Para acceder a eles preme o seguinte ENLACE: http://www.edu.xunta.gal/portal/ea/materiais-didacticos


jueves, 23 de abril de 2020

CÓMO ESTUDO NA CASA?


Fai uns días comezamos o 3º trimestre deste curso 2019/2020 e ante a situación excepcional que estamos a vivir, temos que adaptarnos a novas estratexias que esixe a educación a distancia.

Para levar a cabo un estudo eficaz, así como, unha xestión psicolóxica e emocional positiva é necesaria unha ORGANIZACIÓN, para elo debes de ter en conta:

- Establecer unhas rutinas diarias de luns a venres e outras durante a fin de semana.
- Crea a túa aula na casa. Atopa un rincón de estudo que che resulte apacible e cómodo.
- Elabora un horario de estudo.
- Se empregas o móbil ou ordenador para o traballo escolar, recorda diferenciar as canles de comunicación (redes sociais e plataformas educativas) para evitar distraccións.
- Ao rematar, fai cousas que che gusten (falar coa túa familia, cos teus amigos/as, ler, xogar, ver series...).
- Por último, non olvides colaborar na casa 😉 




AULAS GALEGAS

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 pretenden ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.

Aulas galegas nace para axudar ao alumnado, ás familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego.


A súa intención é ser unha fonte de recursos que sume no panorama educativo galego.

Para o alumnado e as súas familias publicaran cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. Comparten contidos educativos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que xa existen e que paga a pena divulgar.

Para o profesorado crearon unha sección organizada por departamentos didácticos onde se poidan atopar páxinas doutro profesorado galego desas materias.

ACCEDE NO SEGUINTE ENLACE: https://aulasgalegas.org/

 

lunes, 20 de abril de 2020

XESTIÓN DE EMOCIÓNS

Vídeo do Ministerio de Sanidade, sobre pautas para xestionar as emocións en nenos e nenas ante esta situación de confinamento.



OFICINA DE INFORMACIÓN UNIVERSITARIA DA USC

Se precisas información sobre a Universidade de Santiago de Compostela (USC), podes empregar as seguintes canles:
  
1) Coa intención de manter vivas as canles de comunicación coa sociedade e de forma especial co ensino medio, a Universidade de Santiago de Compostela (USC)  pon a disposición da sociedade, os mércores de 10 a 14 e de 16 a 19 horas, un servizo de Chat/Videoconferencia coa súa Oficina de Información (OiU).



2) Correo electrónico: oiu@usc.es

jueves, 16 de abril de 2020

RESUMO ROLDA DE PRENSA DO MEFP

Tras a rolda de prensa do Ministerio de Educación e Formación Profesional, do mércores 15 de abril de 2020, presentamos o seguinte resumo dos acordos para levar a cabo o 3º trimestre (mantémonos a espera das instruccións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia).

sicsUGzUa6_



martes, 7 de abril de 2020

ABAU 2020

A Consellería de Educación e a CIUG acordan que a convocatoria ordinaria da ABAU 2020 terá lugar os días 7, 8 e 9 (martes, mércores, xoves) de xullo.

Completaremos este entrada a medida que vaia saíndo información oficial.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30710

06/04/2020: A convocatoria extraordinaria da ABAU 2020 terá lugar os días 15, 16 e 17 (martes, mércores, xoves) de setembro de 2020.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30789


NOVA INFORMACIÓN: MODELOS DE EXAME ABAU 2020 (28.04.2020)
https://ciug.gal/gal/abau/modelos

  • Horario ABAU (09.05.20) 

miércoles, 1 de abril de 2020

ENCONTROS VIRTUAIS DA USC 2020

A Universidade de Santiago de Compostela organiza para os días 6, 7 e 8 de abril de 2020 (luns, martes e mércores de Semana Santa), en pleno confinamento, un ENCONTRO VIRTUAL, a través do cal o alumnado e as familias poderán:

- Ver presentacións de titulacións.
- Obradoiros e retos.
- Opinións de alumnado sobre diferentes titulacións.
- Pílulas relacionadas coa titulación.
- Concursos.
- Posibilidade de interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. Na ligazón de cada titulación indicarán os horarios de cada unha das videoconferencias.

Para unirte aos encontros, podes facelo na seguinte páxina web que estará dispoñible a partir do sábado 4 de abril 2020.