A Orientación Académica e Profesional (OAP) é fundamental en todas as etapas educativas e na vida en xeral. A súa importancia débese á necesidade de contar con información de calidade e actualizada para poder levar a cabo unha toma de decisións axeitada á persoa e ás súas circunstancias.
Poñemos a
disposición da comunidade educativa, en especial, do alumnado do IES Val do
Asma, diversos cadernos con información académica e profesional por cursos
académicos.
PREME NO CURSO NO QUE ESTÁS HOXE PARA DECIDIR SOBRE O QUE VÉN.
FORMACIÓN PROFESIONAL
BACHARELATO
4º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
3º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
2º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
1º EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
Unha vez revisada, ante calquera dúbida, agradecemos se poñan en contacto co Departamento de Orientación, xa que sempre pode haber algún erro ou é necesario asesorar individualizadamente.
• Correo electrónico: orientación.iesvaldoasma@gmail.com
• Teléfono: 982. 870239
Algunhas recomendacións para a auto-orientación:
1. Seguir este apartado con alguén que poida acompañarte na túa decisión, para intercambiar suxestións, opinións ou aspectos a ter en conta.
2. Se algunha ligazón non funciona, proba a empregar outros navegadores.
3. Traballar con estas presentacións por partes, non tentar asimilar toda a información dunha soa vez.
4.- É recomendable ampliar información no seguinte enlace: