jueves, 2 de julio de 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS UDC

A Universidade da Coruña (UDC) repite as Xornadas de Portas Abertas neste mes de xullo. Toda a información a continuación:


Nas XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, os visitantes (estudantes e familiares) coñecerán por dentro a nosa Universidade e poderán interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros martes 14 e mércores 15 de xullo.

 

Tamén coñecerán servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...


Poderán ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade, 2 Graos Abertos e o Grado de Nanociencia e Nanotecnoloxía de nova implantanción, no curso 2020-2021

 

Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/

E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS

 

Disporán de:

  • Videoconferencia en directo de cada titulación
  • Vídeos de Centros Universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado.

     

Teñen un apartado especial con RETOS E OBRADOIROS EN VIVO, con agasallos para os participantes.

 

Tamén terán a súa disposición un posto de INFORMACIÓN XERAL no que poderán facer as consultas e formular as dúbidas sen límite algún.



___________________________________________________________________________



UNIVERSIDADE DA CORUÑA (UDC):
  • Na Sede Electrónica da UDC publicase hoxe (28.04.2020) a CONVOCATORIA PARA A PRESENTACIÓN DA ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTO DE IDIOMA INGLÉS, PARA A ADMISIÓN AOS ESTUDOS DE GRAO EN XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA, para o curso 20/21. CLIC


A Universidade da Coruña - UDC nun clic!

Como futuro estudante universitario queremos amosarche a Universidade da Coruña nestas Xornadas de Portas Abertas. Como somos, que facemos e que podemos ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na a túa traxectoria universitaria.
É o que propoñemos a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.


Tamén coñeceredes os servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...