martes, 22 de septiembre de 2020

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

    O DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, ten por obxecto regular a atención á diversidade do alumnado, coa finalidade de facilitar o desenvolvemento persoal e social de cada alumna e alumno e o seu potencial de aprendizaxe, facilitándolles a adquisición das competencias e a consecución dos obxectivos xerais previstos nas diferentes ensinanzas.

En consecuencia, ningunha circunstancia persoal ou social pode ser motivo de discriminación á hora de organizar a atención educativa do alumnado, polo que os centros educativos deberán ofrecer unha resposta que compense as diferenzas individuais de todas as alumnas e alumnos, no marco dos principios de normalización e inclusión e desde a consideración da diversidade como un elemento enriquecedor para o conxunto da sociedade.


 Nas seguintes ligazóns atoparás RECURSOS para favorecer a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE na aula e no centro educativo:

  • EDUCONVIVES. gal: Estratexia Galega de Convivencia Escolar. LIGAZÓN
  • Portal EduXunta - Diversidade e Orientación. LIGAZÓN
  • Protocolos de Atención Educativa ao Alumnado. LIGAZÓN 
  • Protocolo de cooperación institucional fronte a VIOLENCIA DE XÉNERO. LIGAZÓN
  • Portal IGUALDADE. LIGAZÓN