lunes, 25 de mayo de 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR (actualizada a 01.06.2020).
  
     
     
  •  Probas de acceso a grao medio:

- Listaxe provisoria de admitidos á proba de acceso a ciclos de grao medio.

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8670


(Contra estas resolucións provisorias, as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día seguinte á publicación desta resolución e ata o día 28 de maio, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática. As persoas que se acolleron a posibilidade de presentar reclamación a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal non é preciso que fagan ningún trámite novo, xa que a súa reclamación xa foi tramitada.")

  • INFORMACIÓN NOVA



Lugar de realización: IES A Pinguela (Monforte de Lemos).


  • Probas de acceso a grao superior:
 - Lugares e sedes de celebración das probas: para o IES Val do Asma será o CIFP As Mercedes en Lugo.

- Documentacion e material:
O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición. Poderanse utilizar os seguintes materiais:
  • Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
  • Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade paraalmacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar nas probas de Matemáticas, Física, Tecnoloxía industrial, Química e Economía da empresa.
  • Lapis, compás, regra, escuadro e cartabón, en Debuxo técnico. 
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información,como, por exemplo, teléfonos móbiles. 
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.


+ INFORMACIÓN: 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.