A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia (11 febreiro), pon a nosa disposición o seguinte audiovisual. Preme na imaxe para coñecer dun xeito sinxelo e próximo a traxectoria científica e vital das investigadoras que, ademais dos seus logros profesionais, tamén relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión científica.
