martes, 1 de junio de 2021

ADMISIÓN E MATRÍCULA NA UNIVERSIDADE 21/22

1) Calendario preinscrición Universidade - Curso 21 - 22:


  • Procedemento para confirmar o seguimento nas listas de espera:



lunes, 24 de mayo de 2021

A oferta do sistema universitario galego para o curso 2021/22 incorpora dous novos títulos de grao e catro novos mestrados

Información sobre novos graos e mestrados que se van a incorporar no Sistema Universitario Galego para o vindeiro curso: LIGAZÓN NOVA 

- Grao en Xestión Cultural.

  

Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española: + información.


- Máster universitario en Desafíos das Cidades Atlánticas.

- Máster universitario en Dereito Transnacional da empresa e das Tecnoloxías Dixitais.

- Máster universitario conxunto Erasmus Mundus en Sostenibilidade e Industrial 4.0 aplicada ao sector marítimo.

- Máster interuniversitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política.



jueves, 6 de mayo de 2021

XUVENCIENCIA

CAMPUS DE VERÁN XUVENCIENCIA

Volve o Campus Xuvenciencia para o alumnado de 4º ESO, Bacharelato e Ciclos Medios de FP.

Terá lugar no Campus Universitario de Lugo do 28 de xuño ao 02 de xullo de 2021.


Os principais obxectivos que persegue son:

  • Que coñezas a ciencia e a tecnoloxía de primeira man.
  • Fomentar o teu interese polas titulacións científicas, técnicas, sociais e humanísticas.
  • Facilitarche información para que poidas elixir mellor.
  • E, sobre todo, que fagas novas amizades e que o pases ben!

Fai CLICK na seguinte imaxe para coñecer todos os detalles.
(Bule! o prazo remata o 13 de maio)



martes, 4 de mayo de 2021

FAMILIAS PROFESIONAIS - COÑECE AS PROFESIÓNS

Recollemos información das seguintes familias profesionais:

  • Administración e xestión.
  • Servizos Socioculturais e á Comunidade.

Revisa os estudos e saídas profesionais para que podas levar a cabo unha toma de decisións adecuada.

(Iremos aumentado datos sobre outras familias profesionais ao longo dos vindeiros cursos)



martes, 27 de abril de 2021

GUÍA DE ACCESO E ADMISIÓN NAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS

Na seguinte guía podedes consultar as titulacións de diferentes universidades de todo o territorio de España, os datos de contacto e as ligazóns ao procedemento de admisión.


martes, 6 de abril de 2021

PREMIOS DE EXCELENCIA Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN NOS GRAOS DA UDC

A Universidade de A Coruña concede un premio por valor de 565 €, ao alumnado que teña mellor nota de admisión en cada un dos seus graos universitarios.

+ Información no seguinte documento:

 

Se vas a matricularte no vindeiro curso, consulta as bases na seguinte ligazón: CLICK.

XORNADA VIRTUAL PORTAS ABERTAS UDC

O vindeiro xoves 8 de abril, a UNIVERSIDADE DE A CORUÑA, celebra unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a súa oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria.


https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Manterán vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama de Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:
a. Perfil de ingreso
b. Por que estudar este Grao na UDC
c. Contido da titulación
d. Saídas profesionais
e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.

O alumnado poderá: 

- Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.

- Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas.

- Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas...

- Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado.

- Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos.

Haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.