martes, 6 de abril de 2021

XORNADA VIRTUAL PORTAS ABERTAS UDC

O vindeiro xoves 8 de abril, a UNIVERSIDADE DE A CORUÑA, celebra unha XORNADA VIRTUAL DE PORTAS ABERTAS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a súa oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria.


https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/, en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Manterán vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama de Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:
a. Perfil de ingreso
b. Por que estudar este Grao na UDC
c. Contido da titulación
d. Saídas profesionais
e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.

O alumnado poderá: 

- Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.

- Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas.

- Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas...

- Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado.

- Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos.

Haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.

 

viernes, 26 de marzo de 2021

PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL

 Plan de Benestar Emocional - Proposta de Intervención, no que se recollen 24 actividades para os centros educativos da CAG. Publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no ano 2021.

 

martes, 23 de febrero de 2021

ATRÉVETE A PESCUDAR CON ELAS!

    A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia (11 febreiro), pon a nosa disposición o seguinte audiovisual. Preme na imaxe para coñecer dun xeito sinxelo e próximo a traxectoria científica e vital das investigadoras que, ademais dos seus logros profesionais, tamén relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión científica. 




miércoles, 10 de febrero de 2021

AUTOCOIDADO. Espazo de Autocoidado do COPG

    O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) ofrece un espazo aberto a toda a comunidade, de Autocoidado, coa finalidade de contribuír a preservar a nosa saúde mental e física, ante a situación sanitaria que estamos a vivir.

CÓIDATE e ofrece COIDADOS!

LIGAZÓN Á PÁXINA DO COPG


 


martes, 9 de febrero de 2021

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2021

ORDE do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021.

  • Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio: ter 17 anos ou facelos no ano natural de celebración das probas.
  A solicitude pode realizarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

        👉 (Precísase sinatura electrónica como certificado dixital, chave 365...)

  E tamén a través da seguinte APLICACIÓN INFORMÁTICA.


  • Probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior: ter 19 anos ou facelos no ano natural de celebración das probas.

        É necesario carecer dunha titulación que xa da acceso a ditos estudos.





jueves, 4 de febrero de 2021

ENTREVISTA AO PRESIDENTE DO CONSELLO ESCOLAR DE ESTADO

Compartimos unha entrevista publicada no diario El País, a Enrique Roca, presidente do Consello Escolar de Estado, que apunta as claves para unha educación de calidade.

FAI CLICK NA IMAXE PARA LER A ENTREVISTA COMPLETA