martes, 24 de noviembre de 2020
25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
jueves, 22 de octubre de 2020
CONFERENCIA TDAH: A MODA DO S.XXI
Fai click na imaxe para acceder a toda a información sobre a conferencia TDAH.
Non perdas a oportunidade! É gratuíta.
Ademáis podes ampliar información a través do artigo: A investigación do TDAH CON NEUROIMAXE. Resulta de gran interese para comprender que é o TDAH e o seu diagnóstico.
jueves, 8 de octubre de 2020
DÍA INTERNACIONAL DA DISLEXIA
Hoxe, 08 de outubro conmemórase o Día Internacional da Dislexia, pero que é a DISLEXIA?
A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se da en nenos/as que non presentan ningún hándicap físico, psíquico nin sociocultural e que a orixe parece derivar dunha alteración do neurodesenvolvemento.
Para saber MÁIS:
jueves, 1 de octubre de 2020
martes, 22 de septiembre de 2020
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
O DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, ten por obxecto regular a atención á diversidade do alumnado, coa finalidade de facilitar o desenvolvemento persoal e social de cada alumna e alumno e o seu potencial de aprendizaxe, facilitándolles a adquisición das competencias e a consecución dos obxectivos xerais previstos nas diferentes ensinanzas.
En consecuencia, ningunha circunstancia persoal ou social pode ser motivo de discriminación á hora de organizar a atención educativa do alumnado, polo que os centros educativos deberán ofrecer unha resposta que compense as diferenzas individuais de todas as alumnas e alumnos, no marco dos principios de normalización e inclusión e desde a consideración da diversidade como un elemento enriquecedor para o conxunto da sociedade.
Nas seguintes ligazóns atoparás RECURSOS para favorecer a ATENCIÓN Á DIVERSIDADE na aula e no centro educativo:
jueves, 17 de septiembre de 2020
BENESTAR EMOCIONAL
O BENESTAR EMOCIONAL é un piar básico para toda a comunidade educativa.
A finalidade da educación é o desenvolvemento integral da persoa, e a dimensión emocional xoga un papel determinante. A educación é un proceso de interacción: comunidade, profesorado, familias e, por suposto, alumnado. Estas relacións levan consigo os seus estados emocionais e xeran novas emocións no proceso. As emocións están presentes no proceso educativo e, a súa vez debemos encargarnos desas emocións.
Debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19 é necesario dispoñer de ferramentas que sirvan de axuda na xestión emocional de todos os colectivos implicados nos centros educativos.
Así, nesta entrada recolleremos aqueles RECURSOS máis interesantes para o benestar emocional a nivel individual e colectivo.
😀 GUÍA EMOCREATIVA PARA A VOLTA AO COLE
😃 GUÍA ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL - MEC.
😍 PROGRAMA PSICOEDUCATIVO PARA POST - EMERXENCIAS. COPG
😃 PROGRAMA EDUBENESTAR
RECURSOS BENESTAR EMOCIONAL (I)
💗 CONFERENCIA BENESTAR EMOCIONAL - YON BERÁSTEGI
(Formación para o coidado e o benestar emocional - Consellería de Educación/ Xunta de Galicia)
😌 CONFERENCIA OS PROBLEMAS COMO OPORTUNIDADES - JUAN VAELLO
(Formación para o coidado e o benestar emocional - Consellería de Educación/ Xunta de Galicia)






