A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña, para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia (11 febreiro), pon a nosa disposición o seguinte audiovisual. Preme na imaxe para coñecer dun xeito sinxelo e próximo a traxectoria científica e vital das investigadoras que, ademais dos seus logros profesionais, tamén relatan anécdotas co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión científica.
martes, 23 de febrero de 2021
miércoles, 10 de febrero de 2021
AUTOCOIDADO. Espazo de Autocoidado do COPG
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) ofrece un espazo aberto a toda a comunidade, de Autocoidado, coa finalidade de contribuír a preservar a nosa saúde mental e física, ante a situación sanitaria que estamos a vivir.
CÓIDATE e ofrece COIDADOS!
martes, 9 de febrero de 2021
PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2021
- Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio: ter 17 anos ou facelos no ano natural de celebración das probas.
- Probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior: ter 19 anos ou facelos no ano natural de celebración das probas.
É necesario carecer dunha titulación que xa da acceso a ditos estudos.
jueves, 4 de febrero de 2021
ENTREVISTA AO PRESIDENTE DO CONSELLO ESCOLAR DE ESTADO
Compartimos unha entrevista publicada no diario El País, a Enrique Roca, presidente do Consello Escolar de Estado, que apunta as claves para unha educación de calidade.
FAI CLICK NA IMAXE PARA LER A ENTREVISTA COMPLETA
miércoles, 27 de enero de 2021
LOMLOE
O 19 de xaneiro de 2021 entrou en vigor a nova Lei Educativa, coñecida como LOMLOE (Lei Orgánica de Educación 3/2020)
Comparto unha presentación realizada pola Orientadora Lourdes Otero Rodríguez do IES Plurilingüe Xosé Neiras Vilas. Agradecémoslle a súa aportación desinteresada.
martes, 24 de noviembre de 2020
25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
jueves, 22 de octubre de 2020
CONFERENCIA TDAH: A MODA DO S.XXI
Fai click na imaxe para acceder a toda a información sobre a conferencia TDAH.
Non perdas a oportunidade! É gratuíta.
Ademáis podes ampliar información a través do artigo: A investigación do TDAH CON NEUROIMAXE. Resulta de gran interese para comprender que é o TDAH e o seu diagnóstico.




