lunes, 25 de mayo de 2020

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR (actualizada a 01.06.2020).
  
     
     
  •  Probas de acceso a grao medio:

- Listaxe provisoria de admitidos á proba de acceso a ciclos de grao medio.

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8670


(Contra estas resolucións provisorias, as persoas interesadas poderán presentar reclamación desde o día seguinte á publicación desta resolución e ata o día 28 de maio, ante o presidente ou a presidenta do tribunal avaliador das probas, no centro onde se realizase a inscrición. As secretarías dos centros tramitarán as reclamacións a través da aplicación informática. As persoas que se acolleron a posibilidade de presentar reclamación a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal non é preciso que fagan ningún trámite novo, xa que a súa reclamación xa foi tramitada.")

  • INFORMACIÓN NOVA



Lugar de realización: IES A Pinguela (Monforte de Lemos).


  • Probas de acceso a grao superior:
 - Lugares e sedes de celebración das probas: para o IES Val do Asma será o CIFP As Mercedes en Lugo.

- Documentacion e material:
O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e a copia selada da folla da solicitude de inscrición. Poderanse utilizar os seguintes materiais:
  • Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
  • Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade paraalmacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar nas probas de Matemáticas, Física, Tecnoloxía industrial, Química e Economía da empresa.
  • Lapis, compás, regra, escuadro e cartabón, en Debuxo técnico. 
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información,como, por exemplo, teléfonos móbiles. 
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.


+ INFORMACIÓN: 

viernes, 22 de mayo de 2020

VÍDEO XORNADA DE ORIENTACIÓN VIRTUAL DA UVIGO

A Universidade de Vigo celebrou o pasado 13 de marzo unha Xornada de Orientación Virtual e agora pon a disposición o vídeo, de maneira que podes visionar en calqueira momento os contidos tratados. Entre eles destacar:

  • Ponencia do presidente da CIUG, Luis Muñoz, que explica as principais novidades da ABAU 2020. (Minuto 2 aprox.)
  • Magdalena Domínguez Álvarez, explica cómo se fai a preinscripción e a matrícula na Universidade. (Minuto 20 aprox.)
  • Susana Rodríguez Barcia explica as novidades sobre titulacións que haberá na UVigo para o próximo curso 2020-2021. (a partir das 2 horas) 
         ACCEDE NA SEGUINTE LIGAZÓN: VÍDEO UVIGO




Ademais os xoves teñen vídeochat có SIE (Sección de Información ao Estudante) de 11´00 a 13´00 para preguntar dúbidas. Realizaranse a través da plataforma Campus Remoto  e para acceder só tes que premer nesta ligazón e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.

miércoles, 20 de mayo de 2020

FP - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A publicación recolle información sobre o Sistema de Formación Profesional de Galicia, polo que resulta interesante para o alumnado que se atopa cursando a Formación Profesional Básica ou un Ciclo Formativo de Grao Medio e Superior. Pero tamén é importante para aquel alumnado que teña pensado matricularse na FP despois da ESO e/ou o Bacharelato.

  • Resumo Formación Profesional en Galicia. 



  • Oferta Educativa no IES Val do Asma.

        (Pendente de actualización a través da oferta da Consellería de Cultura, Educación e                 Universidade) 
         - LIGAZÓN OFERTA FP

ABAU - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A Avaliación de Bacharelato para Acceso á Universidade (ABAU) levarase a cabo, este curso 2020 - 2021 en dúas convocatorias:
  • Ordinaria: Xuño
  • Extraordinaria:Xullo
Consulta a continuación toda a información:
  • Resumo ABAU 2021:
       
        

IMPORTANTE: A información oficial está publicada na web da CIUG, polo que é recomendable revisar a súa páxina web para evitar erros. 
  •  Presentación da CIUG sobre a ABAU e procedemento de admisión nas universidades do SUG:
 
 
  • Resumo Protocolo ABAU 21:

BACHARELATO - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Ola a tod@s! Presento a continuación o resumo para a Orientación Académica e Profesional de 1º e 2º de Bacharelato. 

  • Resumo Bacharelato.  
    •  

4º ESO - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Ola a tod@s! Estades a pique de rematar unha etapa académica e para o vindeiro curso comezaredes, a gran maioría, a cursar ensinanzas non obrigatorias que vos permitirán ir definindo o camiño cara a vosa vida adulta. 

  • Resumo OAP 4º ESO:
    •  

martes, 19 de mayo de 2020

3º ESO - ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Resumo información académica e profesional para o alumnado de 3º ESO. O vindeiro curso xa estaredes no 2º ciclo da ESO, que coincide co último curso da etapa. A toma de decisións comeza a ser máis difícil polo aumento de alternativas. Recordade que tendes que mirar cara o Bacharelato e a Formación Profesional para escoller o Itinerario adecuado as vosas características e intereses.